HomeComarca de SarriaSarriaSarria conmemora o 8M con actividades do 7 ao 9 de marzo

Sarria conmemora o 8M con actividades do 7 ao 9 de marzo

A lectura do manifesto polo 'Día Internacional da Muller' será na Casa do Concello o venres 7 ás 13:30 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria, desde as concellerías de Igualdade, Cultura e Deportes, co fin de conmemorar o Día Internacional da Muller (8-M), contará con tres días de actividades de interese para todos os públicos.

Ademais da lectura do manifesto este venres 7 na Casa do Concello ás 13:30 horas, a partir das 20:00 h. terá lugar na Casa da Cultura a presentación do poemario AMOR(EXIA), de María Barrado García. 

O sábado 8 será a VIII edición da Carreira da Muller Vivas e Iguais ás 18:00h con saída na Praza da Igualdade, e o domingo 9 ás 13:00 h. a Banda de Música da Comarca de Sarria ofrecerá un concerto na Casa da Cultura dedicado ás mulleres.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...