Homesociedade"Pandeireta" do murciano, Rubén Lucas García, anunciará a XLV Feira do Viño...

“Pandeireta” do murciano, Rubén Lucas García, anunciará a XLV Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober vén de fallar o concurso do cartel que anunciará a XLV Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 11, 12 e 13 de abril, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de diferentes puntos do Estado. Ademais dos orixinais de Sober, Monforte ou Chantada, tamén se recibiron carteis das outras tres provincias galegas. De fóra de Galicia, chegaron propostas de Murcia, Madrid ou A Rioxa. Tamén chegou unha proposta desde Francia. O grupo máis numeroso chegou da propia Comunidade.

A proposta gañadora foi a titulada ‘Pandeireta’ da autoría de Rubén Lucas García. O autor do cartel ten gañado numerosos certames en toda España, tamén en Galicia onde os seus orixinais anunciaron festas como o Arde Lucus, a Festa do Queixo de Arzúa ou a Feira do Viño de Monterrei, entre outros.

O gañador recibirá 800 euros, e unha peza de Gundivós personalizada, e o seu cartel será a imaxe da XLV Feira do Viño de Amandi. Todos os carteis presentados formarán parte dunha exposición que se poderá visitar na Casa da Cultura.

Presentación do cartel

O deseño que anunciará a Feira do Viño de Amandi será presentado oficialmente o sábado 15 de marzo na capela de Portabrosmos, data na que se dará a coñecer a programación do mes do Amandi e o programa de actividades da XLV Feira do viño de Amandi. Este ano de novo a feira dará comezo na xornada do venres pola tarde.

ÚLTIMAS

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...