HomesociedadeEste venres comeza en Chantada o ciclo de conferencias "O futuro das...

Este venres comeza en Chantada o ciclo de conferencias “O futuro das persoas viticultoras na Ribeira Sacra”

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), en colaboración coa Deputación de Lugo, presenta o ciclo de conferencias "O futuro das persoas viticultoras na Ribeira Sacra". Comezará este venres, 7 de marzo, coincidindo co inicio da 42ª edición da Feira do Viño de Chantada e prolongarase ata a vendima.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En horario de 16 a 19h., no local do Sindicato Labrego en Chantada (Rúa Emilia Pardo Bazán, 11-Baixo), este 7 de marzo abordarase a Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV 2024-2027). Trátase de fondos da Política Agraria Común (PAC) que financian, entre outras intervencións, a reestruturación e reconversión de viñedo e a colleita en verde.

As palestras desenvolveranse en distintos concellos da Ribeira Sacra lucense desde o mes de marzo deica a vendima, co obxectivo de crear un espazo no que debater sobre o futuro do sector do viño nesta Denominación de Orixe (DO). “Consideramos fundamental achegar en primeiro termo información sobre aspectos que neste momento cobran especial relevancia: axudas, contratos, custes de produción, o mercado do viño tinto… Así, os dous temas cos que iniciamos este ciclo gardan relación coas axudas porque unha parte delas están a piques de convocarse e outras xa están convocadas”, sinalan.

A segunda xornada do ciclo “O futuro das persoas viticultoras na Ribeira Sacra” terá lugar achegándose a vendima. Neste espazo abordaranse cuestións como a Lei de Cadea Alimentaria aplicada ao sector vitivinícola, nomeadamente a obriga de formalizar nun contrato por escrito a entrega de uva ás adegas e o Modelo de contrato da Interprofesional do Viño.

Dende o SLG reiteran que un plan para salvar á Ribeira Sacra, require dunha mesa de traballo na que tódolos axentes implicados poñan en común análises e propostas. Agardan que o ciclo “O futuro das persoas viticultoras na Ribeira Sacra” forneza un espazo onde traballar solucións para esta denominación de orixe, cuxo valor esténdese moito máis aló da propia produción vitivinícola, sendo elemento esencial da configuración paisaxística da comarca e vertebrador de numerosas actividades económicas para a poboación local, que van dende o turismo ou a prestación de servizos especializados até a propia fixación de poboación neste territorio de singular valor cultural e medioambienta

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...