HomePolíticaO PP esixe a Tomé que arranxe a LU-P-3201 na súa totalidade,...

O PP esixe a Tomé que arranxe a LU-P-3201 na súa totalidade, “hai vida máis aló de Monforte”, aseguran

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a actitude de José Tomé “unicamente preocupado por asfaltar dentro de Monforte, municipio do que é alcalde”, tras anunciar o arranxo integral da LU-P-3201, pero só no treito que discorre polo termo municipal de Monforte, a parte restante da vía, que discorre por Sober “segundo o presidente soamente será bacheada”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, non cuestiona as obras que se van a realizar “xa que cómpre recordar que en marzo de 2024 reclamos a adopción das medidas de seguridade necesarias no barrio de Piñeira, como a creación de beirarrúas ou pasos de peóns”, pero “o que si poñemos en tea de xuízo é que os traballos máis importantes, como a mellora da seguridade e o reasfaltado da vía se realicen unicamente dentro do Concello de Monforte, deixando de lado ao Concello de Sober, no que só se realizará un bacheado”.

“Coincidimos na necesidade de reasfaltar esta estrada para mellorar a circulación así como dotala de beirarrúas e pasos de peóns para garantir a seguridade de viandantes e condutores, pero non é xusto que José Tomé empregue a Deputación de Lugo unicamente para mellorar as condicións do seu concello”, denunciou.

Ante esta situación, Ameijide pregunta a Tomé “se pensa que os veciños de Monforte non saen nunca do seu municipio, xa que moitos traballan en localidades veciñas e tamén se expoñen a situacións de perigo porque as condicións das estradas provinciais son moi mellorables debido á falta de mantemento”.

Neste senso, Ameijide esixe a José Tomé que “deixe a un lado o seu egoísmo, do que cada día fai gala, e comece a preocuparse polas necesidades de todos os concellos da provincia, non só do seu e deixando migallas para aqueles gobernados por amiguetes”.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...