HomeCulturaUn domingo máxico para o sur de Lugo

Un domingo máxico para o sur de Lugo

Varios concellos ofrecen interesantes espectáculos de maxia nesta xornada dominical, todos eles de balde e financiados pola Deputación Provincial de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Dentro do programa “Nadal pola provincia” chega a Monforte de Lemos “O Baúl do Mago”, un espectáculo para todos os públicos que se desenvolve nunha caravana convertida nun auténtico teatro itinerante, un espazo onde se achega a maxia á sociedade dunha forma próxima e divertida.

O Baúl do Mago estará estacionado na Praza de España de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas. Para o desenvolvemento da actividade realízanse pases para un reducido número de persoas que poderán sentarse e gozar dunha breve pero fascinante experiencia.

Presentación “Nadal pola Provincia”. Fonte: Deputación de Lugo

Pero non queda aquí a oferta de “Nadal pola Provincia” no sur de Lugo para este último domingo do ano. No Concello de Sarria a proposta máxica virá da man da maga Fani Triana e o seu espectáculo “Maxia pola igualdade”. Será ás 18:30 h. na Casa da Cultura.  O Concello de Pantón recibe ao “Mago Carlos” no Edificio Sociocultural ás 18:00 h. e o Concello de Folgoso do Courel fará o propio co Mago Deimi.

O Mago Deimi actuará na Escola da aldea de Moreda ás 18:30 h., xusto despois da visita do Apalpador e para completar unha tarde máxica na que tamén haberá unha merenda para os asistentes.

E do Courel pasamos ao Incio onde ás 18:00 h. rematará o III Festival de Maxia nas Parroquias, un ciclo que leva espectáculos de maxia alén da capitalidade deste concello. O Mago Paco será o encargado de pechar o ciclo deste ano no Local Social de Vilademouros.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...