HomeEconomíaConvócase o XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, que reparte...

Convócase o XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, que reparte 20.000€ en premios

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2025, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Nesta XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000€ en premios:

  • 1º Premio – 10.000 €
  • 2º Premio –   6.000 €
  • 3º Premio –   4.000 €
  • Plan de Formación para os 10 proxectos que se presenten á final e manifestaran, entre o 23 e o 31 de xullo de 2025, o seu interese en participar no plan formativo que se desenvolvería no primeiro semestre do 2026.

Do 15 de marzo ao 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 23 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

A estrutura da presentación da idea debe contar con:

  • Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
  • Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)
  • Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 8 de novembro do 2.025, nesa xornada presentaranse os proxectos no Parador de Turismo de Monforte de Lemos e pola noite celebrarase a entrega de premios.

ÚLTIMAS

‘Curso de Orientación en Montaña no Courel’ organizado pola Asociación Micolóxica Lactouros

A Asociación Micolóxica Lactouros vén de anunciar unha nova iniciativa formativa, neste caso a...

A nena e o grilocamiño das cores, da compañía Magín Blanco, en Monforte

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, terá lugar a...

VIII edición dos Cantos de Taberna de Quiroga este 15 de marzo

A  VIII edición dos Cantos de Taberna celébrase este sábado, 15 de marzo, con...

‘Gorilas!!!’ o novo xogo de cartas de Muki, veciña da Pobra do Brollón

Tralo éxito de Cordadas, o primeiro xogo de cartas en galego creado por María...