HomesociedadePrazo aberto ata o 18 de abril para o Concurso de Camisetas...

Prazo aberto ata o 18 de abril para o Concurso de Camisetas da Feira do Viño de Quiroga

Dentro das actividades organizadas polo Concello de Quiroga con motivo da XLIII edición da Feira do Viño de Quiroga, inclúese novamente o concurso de camisetas, que cada ano acada máis  éxito sobre todo entre os grupos de mozos e mozas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste concurso poden participar todos os grupos e colectivos que o desexen a partir de catro integrantes. A temática escollida para o deseño e o lema das camisetas estará relacionado coa Feira do viño. Non se admitirán a concurso camisetas que denigren a persoas, grupos ou colectivos, tanto públicos coma privados.

Os participantes deben inscribirse na Casa da Cultura antes do 18  de abril, persoalmente ou chamando ao teléfono 982.43.51.25; ou o propio día da feira no recinto, na caseta de información municipal, antes das sete da tarde.

Un representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao lugar do pregón o sábado día 19 de abril para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado de escoller ao gañador, que será Fernando Romay, pregoeiro desta edición da Feira do Viño.

En canto ao premio, está establecido un só premio de 100€ en metálico e un trofeo para os portadores da camiseta gañadora.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...