HomesociedadeA subdelegada do Goberno preside a Xunta de Seguridade para a Mostra...

A subdelegada do Goberno preside a Xunta de Seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu este xoves no Concello de Quiroga a Xunta de Seguridade co fin de coordinar o dispositivo da XXV Mostra do Aceite e a XLIII Feira do Viño de Quiroga, dúas citas gastronómicas e culturais emblemáticas da comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na reunión na que estivo presente o alcalde e representantes da Garda Civil, subsector de Tráfico, Policía Autonómica e Local, así como membros do goberno municipal, analizáronse as medidas necesarias para garantir o correcto desenvolvemento destas celebracións, que cada ano atraen a milleiros de visitantes.

A subdelegada agradeceu o labor das forzas e corpos polo seu compromiso coa seguridade cidadá e destacou o traballo do Concello de Quiroga na promoción destes eventos, que poñen en valor o patrimonio gastronómico e cultural da Ribeira Sacra.

A Feira do Viño de Quiroga, con máis de corenta edicións, e a Mostra do Aceite, que celebra o seu 25 aniversario, xa están consolidados como referentes da tradición vitivinícola e oleícola da zona, sendo escaparates da calidade e autenticidade dos produtos locais.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...