Homesociedade3ª edición do “Rally do Comercio”, unha das campañas máis atractivas que...

3ª edición do “Rally do Comercio”, unha das campañas máis atractivas que impulsa o CCU de Monforte

Desenvolverase do 1 ao 24 de abril e pode participar calquera persoa que realice compras nalgún dos 33 establecementos asociados participantes. Haberá un premio único de 3.300 euros que deberá gastar o gañador ou gañadora, nunha soa xornada de sete horas e nos establecementos asociados, o venres 25 de abril.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte lanza este mes de abril a terceira edición do Rally do Comercio, unha campaña á que definen como “unha das campañas de dinamización comercial máis potentes das que se celebran en Galicia”.

A iniciativa busca premiar ás persoas que confían no pequeno comercio e, ao mesmo tempo, reforzar a visibilidade e a actividade comercial dos negocios locais.

COMO FUNCIONA?

Do 1 ao 24 de abril calquera persoa que realice compras nalgún dos 33 establecementos asociados participantes poderá depositar os seus tickets nas urnas habilitadas e optar a un premio único de 3.300 euros. O gañador ou gañadora deberá gastar ese importe nos establecementos asociados, nunha soa xornada e en menos de sete horas, o venres 25 de abril. En cada negocio poderá gastar ata un máximo de 100 euros, e se non os gasta, pérdense. De superar esa cantidade, deberase aboar a diferenza e estase obrigado/a a visitar todos os comercios, pero por cada un que non visite perderá a oportunidade de gastar 100 euros.

As bases completas da campaña están publicadas na web do CCU de Monforte.

O SORTEO

Todos os tickets depositados polos compradores nas urnas dos negocios adheridos ao CCU de Monforte entre o 1 e o 24 de abril entrarán no bombo e o sorteo celebrarase de forma presencial o xoves 24 de abril ás 20:45 horas na Praza de España de Monforte de Lemos.

Para optar ao premio, polo tanto, cómpre estar presente no sorteo e se fose o afortunado ou afortunada deberá acreditarse no sorteo cun documento identificativo válido.

CAMPAÑA CONSOLIDADA

O Rally do Comercio naceu en 2023, “como unha fórmula innovadora para reactivar o consumo e xerar impacto real nas vendas dos establecementos participantes”, comentan dende a xerencia do CCU. Ese ano, P.M.G. levou un premio de 2.800 euros tras mercar un xeado no establecemento asociado Lambetadas. En 2024, a gañadora foi E.G.R., quen acadou 3.150 euros grazas a unha compra de 58,90 euros en Los Sueños de Uxía.

Este 2025, a campaña alcanza a súa terceira edición co premio máis elevado ata o momento: 3.300 euros, procedentes da achega directa de 100 euros por parte de cada un dos 33 negocios participantes. O CCU Monforte, como entidade organizadora, asume todos os gastos de xestión, cartelería, loxística, publicidade, comunicación, etc. e conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...