IniciosociedadeRitmos circadianos, como a luz artificial afecta ao noso benestar

Ritmos circadianos, como a luz artificial afecta ao noso benestar

Os seres vivos contamos cun reloxo biolóxico interno que controla a produción hormonal, os ciclos de sono e vixilia, os niveis de alerta e temperatura,… provocando o que se coñece como ritmos circadianos. Os factores e elementos que alteran os ritmos circadianos inflúen directamente sobre o noso benestar.

Publicado o

- Advertisement -

Humanos, animais e plantas contamos cun reloxo interno que transmite ao resto do corpo o seu propio pulso, son os ritmos circadianos.  Os ritmos circadianos seguen ciclos de 24 horas, guiándose principalmente por estímulos de luz e escuridade e regulan as nosas funcións segundo esa luz. A luz, polo tanto, inflúe directamante sobre estes ritmos circadianos, afecta a cada célula, actuando no nivel máis básico do corpo.

Os seres vivos levamos milleiros de anos rexéndonos pola luz natural, os días e as noites. A interferencia que puido ter o lume como luz non é significativa, pero no século XIX, coa invención da lámpada incandescente, todo cambia; e en pleno século XXI a contaminación lumínica nas cidades é unha realidade. Se a esto sumamos que os seres humanos pasamos o 90% do tempo en interiores que requiren de iluminación artificial, atopámonos de frente coa dependencia que o ser humano ten da iluminación e comeza a ser necesario falar da calidade da luz que recibimos e camiñar cara unha nova cultura da luz, máis eficiente, fiable e acorde co ecosistema.

Iluminación vía / tydlucesled.com

Segundo Vicente Alonso Fernández, Enxeñeiro de I+D de Setga, a iluminación repercute nos ritmos circadianos, afectando ao noso humor, aos niveis de enerxía, á nosa produtividade,…, a pesar da contaminación lumínica xeral, a maioría dos proxectos de iluminación nas cidades e vilas fanse sen estudos lumínicos. Préstase atención ao número de luminarias, á potencia e á durabilildade, pero non á calidade da luz que se ofrece aos cidadáns, o ambiente de luz que se axeite máis aos ritmos circadianos. Aos ritmos circadianos dos seres humanos, pero tamén aos dos animais, “hai animais que cegan coa luz, outros que se ven atraídos por ela, hai animais que perden a noción do tempo con respecto ao que debería de ser o seu ciclo normal, ou os insectos que utilizan a luz da lúa como gps”, explica Vicente Alonso Fernández. No caso dos humanos a alteración dos ritmos circadianos pode desencadenar alteracións do sono, obesidade, depresión  e outro tipo de trastornos psicolóxico-emocionais.

ÚLTIMAS

XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, o 11 e 12 de maio

Como prólogo da Mostra, o xoves, 9 de maio, ás 20:30h na adega do...

305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur de Lugo

A Xunta de Galicia destina 305.500 euros a financiar a contratación de 19 traballadores...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...