HomesociedadeMonforte repartirá 3.200€ en premios coa XXI Feira Medieval

Monforte repartirá 3.200€ en premios coa XXI Feira Medieval

Este luns, 31 de marzo, ábrese o prazo de inscrición nos tres concursos que convoca o Concello de Monforte arredor da XXI Feira Medieval. Así ata o 15 de abril no rexistro xeral do concello poden inscribirse no concurso de decoración de balcóns, o de decoración de establecementos comercias e hostaleiros e o de traxes medievais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A convocatoria destes concursos relacionados coa 21ª edición da Feira Medieval que se celebrará o 19 e 20 de abril de 2025, te como obxectivo animar ós monfortinos e visitantes a implicarse na Feira Medieval e ser protagonistas activos da mesma xa que tal e como afirma o alcalde, “a colaboración cidadá nos preparativos da Feira Medieval, é unha parte esencial para acadar o resultado final que todos estes anos se conseguiu. Para estes tres concursos, o Concello destina máis de 3.200 euros en premios, que supón un 60% mais que en edicións anteriores, co obxectivo de motivar á participación dos cidadáns nas tres modalidades de concursos convocadas

IX Concurso de Decoración de Balcóns

Este concurso premios aos tres mellores balcóns, así como fachadas, ventás, ou entradas de casas e edificios, que polo seu enxeño e ambientación medieval merezan a consideración do xurado. Tanto a temática como o deseño da decoración dos balcóns será acorde coa época medieval. Os balcóns participantes deberán de estar ambientados acorde coa época medieval como mínimo do 17 ó 20 de abril de 2025.

O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados. Este concurso determinará 3 gañadores: o primeiro clasificado recibirá 200 euros, o segundo 150 e o terceiro 100 € ademáis da creación, este ano por primeira vez de tres accésits de 50 €. A decisión do xurado sobre os 3 gañadores do concurso de balcóns farase pública o domingo 20 de abril ás 19:00 h. na praza de España.

X Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros

Neste concurso poderán participar todos os establecementos comerciais e hostaleiros situados na cidade de Monforte. Tanto a temática como o deseño da decoración será acorde coa época medieval. Os establecementos comerciais participantes deberán de estar ambientados acorde coa época medieval como mínimo do 17 ó 20 de abril de 2025.

Este concurso determinará 3 gañadores: o primeiro clasificado recibirá 300 euros, o segundo 200 € e o terceiro 100 € ademais da creación por primeira vez, este ano, de tres premios accésits . A decisión do xurado e entrega de premios sobre os gañadores do concurso farase pública o domingo 20 de abril ás 19:00 h na praza de España.

XII Concurso de Traxes Medievais

Esta actividade realizarase dentro do programa de actos da XXI Feira Medieval o día 20 de abril de 2025. As modalidades e premios do Concurso de Traxes Medievais son as seguintes, entendendo por infantil ata os 12 anos:

Adultos:

  • Individual: 1º premio: 100 €; 2º premio: 75 €
  • Parellas (2 compoñentes): 1º premio: 200 €; 2º premio: 175 €
  • Grupos (a partir de 5 compoñentes): 1º premio: 300 €; 2º premio: 225 €

Infantil – Individual:

  • Individual: 1º premio: 100 €; 2º premio: 50 €
  • Parellas (2 compoñentes): 1º premio: 150 €; 2º premio: 100 €
  • Grupos (a partir de 5 compoñentes): 1º premio: 225 €; 2º premio: 150 €

Os participantes no concurso concentraranse na Praza de España (a carón do Cruceiro) onde estará situado o xurado, ás 17:00 horas do domingo 20 de abril. A decisión do xurado e entrega de premios sobre os gañadores farase o día 20 de abril ás 19:00 h na praza de España.

Os gañadores serán determinados en función de que os seus traxes foran realizados artesanalmente, da súa elaboración, da riqueza en complementos, da posta en escena, do material utilizado e do seu rigor histórico. Tamén se valorará a permanencia do participante co traxe posto durante os actos organizados durante a Feira Medieval, contribuíndo á animación do mercado coa súa presenza.

Os aboamentos dos diferentes premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular e xustificación nos termos sinalados nestas bases.

ÚLTIMAS

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...