HomeSucesosExcarcerado tras saírse da vía e caer por un terraplén en Sober

Excarcerado tras saírse da vía e caer por un terraplén en Sober

Un condutor tivo que ser excarcerado e trasladado a un centro hospitalario na noite deste pasado domingo tras saír da vía e caer por un terraplén dun dez metros de altura mentres circulaba pola localidade lucense de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal como informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 23.00 horas no Lugar de Camporrairo, na parroquia de Refoxo en Sober. Alí, segundo un particular que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, un coche caera por un terraplén dun dez metros.

Por iso, mobilizouse ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Moforte de Lemos, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil. Ao chegar ao momento, os equipos de rescate comprobaron que o accidente podería producirse tras o atropelo dun animal, que fixo que o condutor perdese o control do vehículo.

Para liberar ao ferido foi necesario empregar material de excarceración, antes de trasladalo ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...