HomePolíticaO BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da...

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

A formación nacionalista instalou dous valos de denuncia que advirten que "A estrada 540 non pode agardar ata 2027", en alusión ao prazo que deu o goberno central para completar a execución da obra. Un deles está ubicado na entrada a Lugo desde Ourense, e outro no cruzamento da N-540 coa saída de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da estrada 540, entre Lugo e Ourense, unha vía fundamental para as comunicacións entre o centro e o sur da provincia, con treitos totalmente deteriorados que comprometen o estado dos vehículos e a seguridade das usuarias e usuarios.

Representantes institucionais e orgánicos do BNG avanzaron este martes que a campaña se ampliará nas vindeiras semanas a todo o percorrido da N-540, con concentracións de denuncia e apoio ás iniciativas que se poidan organizar por parte da veciñanza, ademais de iniciativas en distitnas institucións.,

O deputado provincial e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, lembrou que “son moitas as persoas que collen esta estrada a diario, e que non poden agardar ata o 2027 nesta situación, con treitos case impracticables a máis de 20 quilómetros por hora”.

O deputado parlamentario, Iago Suárez, constatou que “o Partido Socialista non está a cumprir con Galiza, e coas provincias de Lugo e Ourense, como tampouco fixo no seu momento o Partido Popular”, lembrou, anunciando ” iniciativas en todas as instituciións para esixir ao Estado a reparación urxente da vía”.

O tenente de alcalde de Taboada, Jose Portela, manifestou a “indignación” da veciñanza coas condicións da estrada, que provoca danos nos vehículos como roturas de llantas ou lunas e provoca desvíos de tráfico por Monforte con consecuencias “económicas e sociais” para os concellos polos que pasa a vía.

A estrada, cun firme irregular en practicamente todo o percorrido pola provinciia, presenta treitos especialmente deteriorados na Sabugueira, en Meixonfrío (Taboada), Vilela (Taboada), en Pedrafita (Chantada), na incorporación á estrada desde Monterroso -dirección Lugo- no Alto do Hospital (Portomarín), entre Grumélez e O Castro (Portomarín) ou Calde (Lugo).

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...