HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelCorais para dinamizar o Courel e axudar a reconstruír o ‘Museo Xan...

Corais para dinamizar o Courel e axudar a reconstruír o ‘Museo Xan de Vilar’

Trátase dun proxecto impulsado pola compositora e intérprete musical Úrsula Rial que iniciará as súas presentacións o 13 de abril en Seoane.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Úrsula Rial é unha rapaza orixinaria de Nigrán que chegou ao Courel no 2022, conmovida polos terribles lumes que houbo ese verán. Coñeceu a Xan de Vilar e, con outra xente, preocupáronse por el e por facer cousas como contribuír á recuperación do seu museo etnográfico.

Rial ten unha destacada formación musical. Estivo na Etrad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) e o Conservatorio de Vigo sendo a única requinteira en acadar o Diploma como Mestra Profesional no ano 2016. Ademais, forma parte do proxecto musical coñecido como “Estatalá”, unha formación de estilo folk amante dos ‘bailes do mundo’.

Tras uns anos no Courel, concretamente en Froxán, comenta Úrsula que foi “estudiando o que lle podía facer falta á xente” e ao ver a Igrexa de Seoane pensou que esta podía ser un nexo de unión para algún proxecto. Así naceu a idea de crear corais no Courel pois falando con xente das parroquias pareceulles un tema atraente. Di tamén a nosa interlocutora que levando dous anos en xuntanzas veciñais, no Entroido mesmo, xa coñece moita xente e vaise sabendo do proxecto.

Cartel-tipo para a formación das corais / FroxanMan
UN PROXECTO INTERESANTE E INNOVADOR

O proxecto, bautizado como “Obradoiros Corais no Courel”, trata de xuntar, en palabras de Úrsula “ás voces nas Capelas das Parroquias do Courel e nas súas veciñas de Pedrafita, Quiroga, O Incio, Samos, Sarria, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, O Barco de Valdeorras, A Rúa… e así concluír cun pequeno Circuíto de Corais coas que poder interactuar entre elas, xuntarse nos certames, festas, romarías…”.

Esta iniciativa irá asociada, di tamén, ao deseño de camisetas e rifas coas que apoiar á “reconstrución de pezas” para o “Museo Xan de Vilar” do Courel, aldea que foi arrasada polos lumes no ano 2022.

Úrsula non está soa nisto, di contar cun grupiño de xente activa das aldeas, e convida á participación. Fai un chamamento ás persoas interesadas en que se organicen estas “Corais no Courel” nas súas Capelas para que chamen ao teléfono 698948539. A idea é ver a evolución da proposta e cadrar horarios e rutas para que se poida levar a cabo a iniciativa.

Ademais dun interesante proxecto socializador e dinamizador do rural, a idea desta rapaza é “voltar aos vellos Templos que foron sagrados para as nosas transmisoras da oralidade”.

PRESENTACIÓN OFICIAL

As primeiras xuntanzas serán o vindeiro 13 de abril, ás 12 e ás 18:00 h. no Templo Motivo de Seoane do Courel. E pola noite, a partir das 22:00 h., o dúo musical “Estatalá” (Úrsula Rial e C.C. Quintá) agasallará aos presentes cun concerto no Bar Rafael, lugar no que tamén se escoitarán os poemas de Xesús Parada Jato e se poderá ver escultura de Domingo de Vilamor.

Estatalá actuando en Vilamor. Foto: Úrsula Rial.
Estatalá. Foto: Úrsula Rial.
AGRADECEMENTOS

Úrsula, ilusionada con este proxecto, quere deixar públicos uns agradecementos a Teresa de Seoane, ao Párroco Jesús, a Xesús Alfonso Parada Jato, de Meiraos, e a Jessenia do “Bar Rafael” pola acollida.

ÚLTIMAS

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...