HomePolíticaIGV diríxese ao Ministro de Transportes denunciando o estado das estradas de...

IGV diríxese ao Ministro de Transportes denunciando o estado das estradas de titularidade estatal no interior galego

Interior Galego Vivo, a través dunha misiva asinada por Antom Fente Parada, Coordinador Xeral da formación, dirixiuse ao Ministro de Transportes e Mobilidade Sustentábel, Óscar Puente, denunciando o lamentábel estado das estradas de titularidade estatal do interior galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Interior Galego Vivo asegura que o estado actual da N-540 entre Lugo e Ourense representa un serio perigo para a seguridade vial, “De feito, son crecentes os contratempos na mecánica dos vehículos que repercute moi negativamente na veciñanza e supón crecentes custos entre a desesperación dos traballadores e traballadoras que, diariamente, han de usar esta vía”.

“Somos coñecedores de que se dotou con fondos a reparación desta estrada pero, a día de hoxe, estes traballos foron non só lentos, senon ineficaces e pouco duradeiros” – sinalou Antom Fente. Dende Interior Galego Vivo advirten que “o orzamentado non é suficiente” e urxen a unha actuación e mellora integral do principal nexo de unión entre as cidades do interior galego.

IGV denuncia tamén o lamentable estado da N-120 entre Monforte de Lemos e Os Peares, “especialmente nos tramos da vila do Cabe e arredores. Así, urxe a que se adopten medidas con celeridade, que deben ter en conta de igual modo o estado da N-120A en Os Peares, permanente quebradeiro de cabeza para a veciñanza desa poboación”.

Asemade, a N-525, de Benavente (Zamora) a Santiago de Compostela, precisa atención ao seu paso polas comarcas de Monterrei e A Limia, en Ourense, antes de que “o seu estado sexa análogo ao calamitoso estado da N-540”.

Interior Galego Vivo quere lembrarlle ao Ministerio a “necesidade que ten o interior galego de infraestruturas útiles e ben conservadas, ao tratarse de territorios periféricos con serios problemas de dispersión e demotanasia, que se ven aceleradas, precisamente, polo abandono institucional e a falta dunha atención análoga á que as institucións ofrecen a territorios de máis poboación.”

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...