Segundo CCOO, os datos do Paro en Lugo Centro Sur son de 2.731 persoas paradas (-68). Na Comarca Lemos 1.341 (-22), na de Chantada 447 (-18), na Comarca Sarria 726 (-31) e na Comarca Quiroga 217 (+3). Desde CC.OO destacan o bo comportamento de todas as comarcas excepto Quiroga que aumentou en 4 parados na cabeceira de comarca.
Comarca Lemos
- Bóveda 41 (+3)
- Monforte de Lemos 962 (-25)
- Pantón 82 (-4)
- A Pobra do Brollón 61 (=)
- O Saviñao 127 (+9)
- Sober 68 (-5)
Comarca de Quiroga
- Folgoso do Courel 36 (=)
- Quiroga 142 (+4)
- Ribas de Sil 39 (-1)
Comarca de Chantada
- Carballedo 53 (+2)
- Chantada 319 (-16)
- Taboada 75 (-4)
Comarca de Sarria
- O Incio 41 (+1)
- Láncara 80 (=)
- Paradela 17 (+1)
- O Páramo 25 (=)
- Samos 20 (-4)
- Sarria 530 (-27)
- Triacastela 13 (-2)
Desde o Sindicato destacan os bos datos dos concellos de Monforte Monforte de Lemos 962 (-25), Sarria 530 (-27) e Chantada 319 (-16). E apuntan os malos datos do paro de concellos como O Saviñao 127 (+9), Quiroga 142 (+4) e Carballedo 53 (+2).
Os sectores con mellor comportamento foron (servizos, construccion, industria) CC.OO lamenta, un mes máis, os abusos e a explotación que seguen dándose no comercio e hostalería. Desde A Secretaría de Acción Sindical destacan como o máis positivo o aumento da contratación indefinida, “pero seguiremos vixiantes coa situación de moitos mozos que seguen sendo os máis prexudicados, xa que traballan xornadas de (10 e 12 horas), sen remuneración algunha nin os descansos correspondentes”.