HomePolíticaO Ministerio de Transportes responde a Por un Interior Galego Vivo

O Ministerio de Transportes responde a Por un Interior Galego Vivo

Interior Galego Vivo vén de recibir resposta á carta dirixida por este colectivo ao Ministro de Transportes en relación ao pésimo estado da rede viaria estatal no interior galego.

Publicado o

POR
Política
- Advertisement -

O Ministerio responde sinalando os plans previstos en determinados puntos das estradas. Están en fase de “redacción de proxecto” varias actuacións da N-120, sen que coñeza data prevista de execución, e o Ministerio sinala que está en curso a rehabilitación da N-540 entre o km 0 e 69, obras que, “supoñemos, se reanudarán esta primavera despois do parcheado chapuceiro que se fixo após enviarmos da nosa misiva ao Ministerio. Porén, cómpre lembrar que apenas 15% do previsto foi executado en 2024”.

Dende IGV consideran que é insuficiente esta actuación e que a gravidade da situación reclama medidas urxentes. E piden solucións integrais e estruturais, “pois puntos das vías nos que se actuou en 2024 xa volven presentar problemas. Así, estas reparaciones puntuais de firmes que sinala o Ministerio que se realizan, non sempre se fan con toda a premura necesaria nin son solucións a longo prazo·.

IGV reivindica celeridade na actuación do Ministerio, “pois a falta de actuacións rápidas é o que agrava o estado das estradas e fai aínda máis costosas as reparacións, alén de ser unha tortura diaria para as xentes que deben desprazarse por traballo por estas vías.”

Un problema crónico

IGV e as súas agrupaciós levan anos loitando pola mellora da N-540. Solicitando o arranxo desta estrada nos anos 2018, 2020, 2022 e 2024 e a través de Por Chantada sacáronse adiante acordos plenarios, por unanimidade, en 2018 e 2020 no relativo á esta vía. Con anterioridade, o 22 de xuño de 2017, a Comisión de Seguridade Vial do Congreso dos Deputados aprobara unha proposición non de lei para a a reforma e rehabiitación entre Guntín e Ventas de Narón e para o tramo de Chantada.

ÚLTIMAS

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...