HomeDeportesÉxito da carreira Xacorun e para o 3 de maio prepárase a...

Éxito da carreira Xacorun e para o 3 de maio prepárase a Pretorian Race

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo esta semana unha xuntanza de traballo con representantes do Pretorianos Club, promotores das carreiras Xacorun e Pretorian Race.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No encontro avaliouse o éxito de participación que rexistrou un ano máis a primeira destas citas, celebrada o pasado domingo co apoio do Goberno galego. A proba consta dun percorrido polo Camiño de Santiago entre os concellos de Sarria, Paradela e Portomarín.

Na reunión falaron tamén da Pretorian Race Sarria Xtreme, a carreira de obstáculos coa que tamén vén colaborando a Xunta e que celebrará a súa quinta edición o vindeiro 3 de maio. Os organizadores prevén reunir a máis de 500 persoas, chegadas dende diferentes puntos de España, nas tres modalidades coas que conta o certame: elite, carreira popular e ‘starter’.

Arias felicitou ao colectivo polo traballo que desenvolven para manter estes eventos e consolidalos no calendario deportivo da provincia, “fomentando deste xeito a práctica do deporte e contribuíndo, ao mesmo tempo, a dinamizar as economías locais, xa que reúnen a numerosos participantes e acompañantes que, a miúdo, aproveitan a ocasión para realizar visitas turísticas pola zona”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...