HomePolíticaAgroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval "a...

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

Agroma Sober reitera a petición ao concello e á Deputación de que se arranxe esta estrada. En xaneiro deste ano solicitaban ao pleno que pedise á Deputación solucións provisionais mentres non se arranxa defitinitivamente. Consideran "intolerable ter chegado a este punto a menos dunha semana da Feira do Viño".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro do firme, agravados polo paso de maquinaria pesada da obra de ADIF na estación de Canaval.

ADIF arranxou recentemente o tramo dende o centro de Canaval ata ponte sobre a vía, pois comprometérase a arranxar a estrada cando remataran as obras. Pero todo apunta a que o resto da estrada ata Sober vai continuar deteriorada, “pois ADIF non a vai arranxar e non existen obras provinciais previstas”.

O tramo máis estragado da estrada atópase á altura de Sistín do Mato, pola escorrentía de augas dende a ladeira contigua. Por iso, dende Agroma Sober solicitanun proxecto de mellora da estrada LU-P-5901 (Sober-Canaval) que contemple unha solución estrutural para este tramo inundable á altura de Sistín do Mato.

“Estamos a unha semana da Feira do Viño e ese tramo é perigoso, podendo provocar rebentóns de rodas. Nin sequera ten sinais de perigo específicas no punto máis problemático e, co aumento do tránsito pola feira, pode haber problemas viarios”, insisten desde Agroma Sober.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...