HomesociedadeQuiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

A XLIII Feira do Viño de Quiroga celebrarase os días 18, 19 e 20 de abril, pero antes desenvólvense outras actividades vinculadas a esta feira como foi o concurso do cartel anunciador, a concurso Val de Quiroga de Tapas que comezaba o pasado venres ou o desfile da Confraría do Viño previsto para o vindeiro sábado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá na praza da rúa Lago en dúas quendas: unha ás doce e media do mediodía e outra ás cinco e media da tarde. Para ás sete e media está marcado o acto de homenaxe aos precursores da Feira do Viño de Quiroga coa apertura dunha exposición gráfica das primeiras edicións da feira na Casa da Cultura.

Ás nove da noite, abriranse as casetas das adegas participantes no recinto feiral no que non faltará a música para pechar a noite coa actuación do grupo local Mario Colomán & The Clocks Band e a disco móbil Eme.Music.

As 13 adegas participantes nesta edición son: Alma das Donas,Algueira, Atrium Vitis, EDV Viticultores, Alvaredos –Hobbs, Lar de Ricobao,  Rectoral de Amandi, Casa de Outeiro, Val de Quiroga, Adega Gullufre, Pazo de la Cuesta e Adamare Wines e Adega Salvadur de Vilachá.

O sábado dous actos marcarán a xornada, pola mañá o certame Celtibérico de Bandas de Gaitas e pola tarde o pregón. O XVI Certame Celtibérico de bandas de gaitas “Memorial Muíño”, comezará ás once e media da mañá co desfile de bandas pola rúa Real ata a praza de España onde terá lugar a actuación e o concurso de bandas.

O pregón correrá a cargo do ex xogador de baloncesto, Fernando Romay. Romay acadou a prata coa selección española de baloncesto nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984 e participou nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, en tres Mundobasket e catro Eurobasket. O pregón de Romay estará presentado ás oito e media do serán, no recinto feiral, polo xornalista quirogués da Radio Galega, Carlos Julio González. Concluído o pregón, farase entrega dos premios á gañadora do concurso do deseño do cartel da feira do viño 2025 a Laura Maquieira González, noiesa con familia nos Anguieiros; ao establecemento gañador do XIII concurso Val de Quiroga de Tapas e ao representante da camiseta gañadora do concurso da Feira do Viño deste ano. O grupo “La banda de ayer”, coas súa música pop e rock dos anos 80 e 90 será a encargada de animar aos participantes na feira desta xornada.

O domingo, a música do grupo de gaitas local O Recanto e da banda de música de Antas de Ulla animará o recinto da feira que abrirá ás once da mañá.

    

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...