HomeComarca de ChantadaCarballedoConta atrás para a 'Festa da Carne ao Caldeiro' de Castro de...

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

Esta senlleira celebración gastronómica terá lugar o vindeiro domingo, 13 de abril, e está organizada pola Asociación de Veciños O Bubaíño. Un dos obxectivos da mesma é enxalzar a calidade da carne de vacún da zona e amosar os recursos culturais e turísticos do territorio. O evento conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita Gomez e Isabel Méndez, presentaron o pasado 7 de abril a XXII edición da Festa da Carne ao Caldeiro de Castro de Carballedo.

Esta celebración, de marcado carácter gastronómico, prevé servir máis dun milleiro de racións de carne ao caldeiro e de carne richada, receitas tradicionais que enxalzan a calidade da carne de vacún da zona e que, grazas ao impulso da asociación, se mantén como recurso de dinamización nesta parroquia de Carballedo.

Saboroso prato de carne ao caldeiro / XdL
Festa da Carne ao Caldeiro (arquivo) / Vicepresidencia Deputación

O vicepresidente da Deputación valorou o traballo da asociación na organización desta cita que, segundo referiu, “ademais de amosar a gastronomía e outros recursos culturais do concello ás persoas visitantes, é punto de encontro e de recoñecemento para a veciñanza da parroquia de Castro e de todo o municipio”. Ademais, encadrou a colaboración da institución provincial coa feira como un “apoio da Vicepresidencia da Deputación ao tecido asociativo e cultural, que cumpre unha función fundamental na dinamización do rural”.

Ademais do xantar, e como atractivos engadidos para o vindeiro domingo, a Asociación de Veciños O Bubaiño convida a outras actividades. Unha delas é gozar, na contorna da praza, dun mercado de produtos locais e artesanía que contará cun total de 14 postos, e haberá outras de carácter divulgativo como son un roteiro e unha exposición. Para coñecer o patrimonio arquitectónico da zona organizarase unha ruta polas igrexas románicas do municipio, e para os amantes da fotografía poderase ver a exposición de fotografías antigas “Mulleres construíndo futuro” na Oficina de Turismo.

A ambientación musical no recinto feiral correrá a cargo da agrupación de música tradicional Falcatrueiros.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...