HomesociedadeO programa da Escola á Granxa preséntase este 9 de abril no...

O programa da Escola á Granxa preséntase este 9 de abril no Centro Cívico de Monforte

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentará o programa Da Escola á Granxa este mércores -9 de abril-, ás 19.00 horas, no Centro Cívico do Malecón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Rural, Daniel García e persoal da área impartirán unha charla informativa sobre o programa, que ten como obxectivo achegar o alumnado ao sector primario a través de actividades formativas en granxas e proxectos de emprendemento no rural.

Trátase dun encontro dirixido ás anpas e comunidade educativa de centros do sur da provincia, que recibirán información detallada sobre o funcionamento do programa e a súa oferta formativa.

A área de Rural financia os desprazamentos e as actividades nas granxas, con achegas de ata 1.000 euros para as anpas. A convocatoria está aberta ata o vindeiro 21 de abril.

Granxas participantes

As granxas e producións agroalimentarias que se incorporan ao programa este ano son A Horta da Sancoveiga de Vilalba, dedicada ao cultivo de horta e avicultura ecolóxica, Agroalimentaria Laurentina de Lourenzá, de horta e árbores froiteiras, as granxas de vacún autóctono en extensivo Cachenas Cas Fidalgo de Taboada e Cachenas de San Breixo de Triacastela e, Casa da Escola SC de Sober de gando ovino extensivo en pastoreo, as gandarías de leite Gandería Castelo SC de A Pastoriza, Gandería Cid de Barreiros e Os Arroxos SL de Castro de Rei, a produción de mel Pingas de Gaia de Vilalba, as granxas en ecolóxico e con diversificación produtiva Casa Benito do Incio e Gandería Docampo de Castroverde, a produción de horta e conservas Ribeiregas de Negueira de Muñiz e a granxa de razas autóctonas da asociación Fogares Lar Muimenta, en Cospeito..

Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasadas edición: Cooperativa A Carqueixa ( ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, A Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Champivil (envasado de produtos autóctonos e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo) da Pontenova, Gandaría Ana Pérez Boo, (gando ovino extensivo en pastoreo) de Abadín, Gandeíra Quintián (queixaría e vacún de leite) do Páramo, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara, Gandería Puluán (queixería e produción de vacún de leite) de Monforte e Granxa Angus do Campo (gando vacún angus en extensivo e ecolóxico) en Castroverde.

Tamén repiten Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becerreá, Mantoño Holstein (gando vacún leiteiro extensivo) en Barreiros, Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, Muvicla (museo de maquinaría agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico) de Láncara, O Trobo (museo de mel e produción apícola) do Valadouro, Pazo de Vilane (granxa avícola e producíon de ovos) de Antas de Ulla, Porco Celta de Outeiro (granxa de porco celta en extensivo) en Castro de Rei, SAT Lodos e Pérez (vacún leiteiro en extensivo) da Pastoriza, SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol, Tres Fuciños (cooperativa de porco celta) de Carballedo e Casa A Conguada (gando vacún autóctona e ecolóxico) de Palas de Rei Tropic Gaia e ADEGA súmanse á oferta educativa con obradoiros de horta e de educación ambiental nos propios centros.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...