HomePolíticaCourel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Entre outras actuacións, solicitan que a estrada que "foi usada de desvío provisional pola Campa – Vidallón será de novo un desvío, cando se arranxe o tramo que se afundiu a altura de Sta Eufemia, polo que desde CV solicitamos que a deputación a repare antes de que se active e se volva máis concorrida".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan con “graves definciencias”. Lembran que este ano a Deputación de Lugo anunciou aglomerado para moitas estradas provinciais, e “aínda que tamén anunciou a licitación dun tramo da estrada que nos une con Pedrafita do Cebreiro, vemos que hai máis estradas desta administración que levan anos precisando unha renovación total do firme e seguir poñendo máis biondas (“quitamedos”) en lugares que son perigosos e non os teñen”. 

Como estradas nas que é máis importante actuar enumeran: 1. LU-P-4701 (A Pobra do Brollón – Folgoso do Courel). 2. LU-P-1303 e LU-P-1304 (desde Esperante ata o Castro de Romeor). 3. LU-P-1306 (desde Seceda ata Ferrería do Incio). Aseguran que o seu estado afecta negativamente á seguridade viaria e ao desenvolvemento socioeconómico da zona. 

Por todo o anterior, desde o Grupo municipal de C@urel vivo solicitan: 

1. Que o Concello de Folgoso do Courel eleve á Deputación Provincial de Lugo unha petición formal para que se proceda con carácter urxente á licitación e execución das obras necesarias de mellora e mantemento das citadas estradas provinciais, garantindo así unhas condicións axeitadas de seguridade e accesibilidade para todos os veciños e usuarios. 

2. Que se mellore o firme e as curvas do que serve de desvío provisional cando se actúa na estrada en Sta Eufemia. 

3. Que se use aglomerado en quente, como garante de reparación duradeiras, xa que os parches que se fan con rego en frío, na montaña non é duradeiro e pasa o ano e volvemos estar igual. 

4. Que se coloquen máis “quitamedos” en sitios perigosos para garantir a seguridade vial

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...