HomeMedio ambiente e PatrimonioPreséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

A data de inicio do proxecto que promoven o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Diócese de Lugo será este sábado, 12 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais ás igrexas de San Pedro de Bembibre (Taboada), San Xoán da Cova (Carballedo), San Miguel de Eiré e San Vicente de Pombeiro (Pantón), San Xillao de Lobios e San Vicente de Pinol (Sober), Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) e Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao).

O alcalde anfitrión, Roi Regueira, agradecía á Diocese e ao Consorcio a súa implicación neste e outros proxecto. Recoñece que o peso do románico no municipio é de tal importancia que traballarán dende a corporación por seguir ampliando a incorporación de igrexas a este programa.

Pola súa banda, a Xefa Provincial de Turismo, Paloma Vázquez,  que acudía en representación do Director de Turismo de Galicia, amosábase esperanzada en que o programa piloto sexa moito máis que unha proba e que se consolide como un modelo para levar a outras zonas. “Ribeira Sacra é un exemplo de xestión de proxectos. Dende a Axencia Turismo de Galicia coordínanse diferentes Plans de Sostibilidade que resultan que non reseultarían eficiencientes se non se concretan en accións realistas e deseñadas por e para o territorio”, asegura. 

O Presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, explicaba que “na Ribeira Sacra temos a maior concentración de románico rural do mundo. Moitos destes templos permaneceron pechados ou con acceso moi limitado durante anos, pola súa localización dispersa e pola redución progresiva do culto. Hoxe damos un paso decidido para reverter esta situación, facilitando o acceso a estas xoias arquitectónicas e ofrecendo ás persoas que nos visitan unha experiencia única e enriquecedora”.

Pechou o acto o Delegado Episcopal, José Antonio Ferreiro Varela, que agradeceu as colaboracións co Consorcio e o traballo dos Concellos das igrexas que forman parte do conxunto das visitas, e “especialmente aos feligreses e párrocos que coidan con amor e sacrificio un partrimonio moi amplo que se mantén en pé, en grande parte, grazas a eles”. 

Máis información sobre o programa no seguinte enlace: https://turismo.ribeirasacra.org/es/noticias/prueba-piloto-apertura-de-iglesias

Presentación programa piloto románico / Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...