HomesociedadeO Desfile da Confraría do Viño de Quiroga abre os actos da...

O Desfile da Confraría do Viño de Quiroga abre os actos da Feira do Viño

A cita tivo lugar este sábado pola mañá e os días 18, 19 e 20 desenvolverase a XLIII Feira do Viño de Quiroga que este ano leva a cabo unha campaña especial de promoción en Instagram.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo ameaza de chuvia uns minutos antes da unha do mediodía deste sábado os confrades, ataviados co seu traxe de gala (capa de cor burdeos e sombreiro negro), acompañados do Grupo de gaitas O Recanto, recorreron a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa Consistorial ata o Museo Etnográfico de Quiroga.

Este solemne acto -que presiden o Confrade Maior, o alcalde quirogués José Luís Rivera Castro, e o presidente da Confraría, J. Manuel Rodríguez-, forma parte dos prolegómenos da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación.

Este ano o desfile contou cun número maior de integrantes, xa que foi o primeiro acto oficial no que participaron os novos membros da institución vitivinícola que tomaron posesión do seu cargo no pasado mes de marzo. Como remate do desfile, xa a porta pechada, os membros do gremio realizarán unha asemblea anual nas instalacións do Museo Etnográfico.

Desfile da Confraría do Viño de Quiroga / Concello de Quiroga

Promoción en Instagram

A Concellaría de Turismo do Concello de Quiroga promociona a XLIII Feira do Viño de Quiroga a través dunha campaña na súa conta de Instagram (@turismoquiroga). Esta iniciativa ten como obxectivo dar visibilidade ás bodegas participantes na feira e atraer a un público máis amplo e variado.

Para conseguir unha imaxe fresca e desenfadada, creouse un collage de cada unha das bodegas participantes na feira, o que permite mostrar a diversidade e a calidade dos viños da zona dunha maneira alegre e informal.

Ademais, como parte desta campaña, estase a levar a cabo un sorteo de botellas de viño de adegas de Quiroga entre as persoas que sigan a conta de Instagram da Concellaría de turismo e teñan en conta unha serie de requisitos para facer efectiva a súa participación.

ÚLTIMAS

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...