HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónBúscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O evento chega á súa X Edición o vindeiro 12 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro Concurso de carteis da Feira Guímara co gallo do seu X aniversario o 12 de xullo de 2025.

Dende o concello explican que “o concurso pretende estimular a creatividade das persoas participantes sendo o cartel unha peza moi visible en todas as accións de comunicación que se realicen para esta nova edición da Feira. Ademais, a proposta gañadora premiarase con 200 euros”.

FEIRA GUÍMARA

A Feira Guímara conmemora a revolta da veciñanza da Pobra do Brollón contra o Conde de Lemos na época medieval. Celébrase ao estilo dunha gran romaría no campo da feira e a carón do río Rubín. Ademais da tradicional representación da batalla contra o Conde, a programación complétase ao longo da xornada con actuacións musicais, un mercado de produtos locais e xogos populares.

BASES DO CONCURSO DE CARTEIS

Poderá concorrer ao concurso toda a poboación maior de 18 anos, sendo o prazo límite de presentación o 16 de maio ás 14:00 h.

Admitirase só un cartel por autor e con liberdade de estilo para os e as autores/as, a obra ten que ser propia, orixinal e inédita e enténdese que o concello a recibe libre de dereitos ou cargas anteriores –de habelas responderá o creador ou creadora–.

Os carteis poderán presentarse presencialmente na Casa do Concello ou envialas por correo postal. Ademais dos orixinais tamén cómpre deixar o cartel en formato informático e no interior dos sobres virá outro sobre pechado cos datos do autor ou autora.

O premio será de 200 euros e farase efectivo por transferencia bancaria se autora ou autor acredita non ter obrigas tributarias pendentes.

As bases ao detalle, co resto de estipulacións, pódense ver na páxina web do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...