Homesociedade"Elaborar os nosos produtos dá moito traballo ao longo do ano, é...

“Elaborar os nosos produtos dá moito traballo ao longo do ano, é de xustiza recoñecelo”, asegura o alcalde de Quiroga

A 33 Feira do Viño de Quiroga contará con 13 adegas que teñen viñas en Quiroga e como adega covidada, Adega Ardán da IXP Cangas do Morrazo. Non faltará a música e un pregoeiro que dará moito xogo, Fernando Romay. Como novidades desta edición destacar, a homenaxe que se lle fará aos precursores da Feira do Viño e a camiseta oficial “Quiroga é un viño” que homenaxea a Uxío Novoneyra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 18 de abril bota a andar a XLIII Feira do Viño de Quiroga, e faino xa con interesantes actividades e unha oferta musical para animar a primeira noite grande desta celebración vitivinícola que non lle ten medo á chuvia. “Temos todo preparado, carpas por todos os lados, así que a chuvia non é escusa para non vir a Quiroga a desfrutar cos nosos produtos e cos nosos viños. A estas alturas do ano temos unha boa temperatura polo noso clima e contamos con moita xente que nos visita. Durante estes tres días a celebración festiva esta garantida en Quiroga”, asegura o alcalde, José Luis Rivera.

Esta primeira xornada destaca pola cata de espumosos, que se desenvolve na Praza da rúa Lago, cunha cita pola mañá e outra ás cinco e media da tarde. Tamén o acto de homenaxe aos precursores da Feira do Viño de Quiroga que terá lugar ás 19:30 h. na Casa da Cultura e a posterior inauguración dunha exposición gráfica das primeiras edicións da feira na Casa da Cultura.

Días de exaltación e recoñecemento como explica o alcalde, “Como todo o que temos en Galicia é importante que a xente saiba o que hai detrás de cada cousa e o traballo que leva elaborar estos produtos porque iso non se ve,… a xente que anda nos viñedos, nas oliveiras ou nas colmeas. Iso dá moito traballo ao longo do ano e é de xustiza recoñecelo. Máis neste caso que falamos das orixes, dos precursores desta cita.”

Ás 21:00 h. abriranse as casetas das 13 adegas participantes no recinto feiral: Alma das Donas, Algueira, Atrium Vitis, EDV Viticultores, Alvaredos-Hobbs, Lar de Ricobao,  Rectoral de Amandi, Casa de Outeiro, Val de Quiroga, Adega Gullufre, Pazo de la Cuesta e Adamare Wines e Adega Salvadur de Vilachá. Dende esa hora, e ata entrada a madrugada, o recinto feiral –cuberto por unha gran carpa– estará amenizado coa actuación do grupo local Mario Colomán & The Clocks Band e a disco móbil Eme.Music.

No stand de información estará a camiseta oficial que, co lema “Quiroga é un viño”, promociona esta cita, “O slogan de Novoneyra para a Feira do Viño tivo unha repercusión enorme. Esta invitación tivo unha gran aceptación, foi un acerto e tivemos que encargar máis para os días da Feira”, asegura Rivera.

Alcalde de Quiroga coa camiseta da edición 2025 / Concello de Quiroga

O sábado pola mañá, aproveitando a apertura de postos ás 11:00 h., dará comezo a Feira co Equipo de Goberno do Concello de Quiroga recibindo ás bandas que participarán no XVI Certame Celtibérico de bandas de gaitas “Memorial Muíño”. Este encontro comezará ás once e media da mañá co desfile de bandas pola rúa Real ata a praza de España onde terá lugar a actuación e o concurso de bandas.

Ás 17:00 h. a música da charanga ‘CLK’ amenizará a xornada de tarde no recinto feiral ata o esperado momento do pregón, ás 20:30 h. que nesta edición correrá a cargo do ex xogador de baloncesto, Fernando Romay. Sobre o pregoeiro o alcalde asegura que “a posibilidade de contar con Fernando Romay para o pregón saiu dunha conversa cun amigo común. Propúxoselle e aceptou encantado, estou seguro de que acertamos de pleno co pregoeiro”.

Fernando Romay

A presentación será guiada polo xornalista quirogués da Radio Galega, Carlos Julio González, que tamén fará entrega dos premios á gañadora do concurso do deseño do cartel da feira do viño 2025, Laura Maquieira González, ao establecemento gañador do XIII concurso Val de Quiroga de Tapas e ao representante da camiseta gañadora do concurso da Feira do Viño deste ano.

De seguido, a partir das 21:00 h., o grupo “La banda de ayer” lembrará a mellor música pop e rock dos anos 80 e 90, e unha actuación sorpresa que non desvelou o concello polo de agora, será a encargada de animar ao público das 22:00 ás 00:00 h.

O domingo, o grupo de gaitas local O Recanto será o responsable da alborada para ir abrindo as casetas das adegas ás 11:00 h. e ás 13:00 h. será a quenda da Banda de música de Antas de Ulla, agrupación musical que fará un pasarrúas e animará o recinto da feira. Esta banda chega á Feira do Viño grazas ao programa Tradigalu que impulsa a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...