HomesociedadePantón amplía a rede municipal de abastecemento á parroquia de Tribás

Pantón amplía a rede municipal de abastecemento á parroquia de Tribás

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar en 337.000 euros a obra de construción da nova rede de abastecemento de auga a esta parroquia pantonesa que carecía deste servizo municipal.

Publicado o

- Advertisement -

Na actualidade a parroquia de Tribás non conta con rede de abastecemento municipal, con esta iniciativa preténdese dar un servizo de abastecemento de auga en condicións de potabilidade a toda a veciñanza. As empresas interesadas en executar estas obras teñen ata o 28 de xaneiro. Unha vez oficializado o contrato dos traballosos, o prazo de execución de 4 meses.

As obras suporán unha nova captación, pola que se construirá un pozo de barrena de 150 meros de profundidade, ao que se lle instalará unha bomba  somerxible encargada dos traballos de impulsión. Construirase tamén un depósito de auga cunha capacidade de 25 metros cúbicos, dotado de sistema de cloración, e farase a execución material da nova rede de abastecemento, formada por tubaxes de plietileno de alta densidade. Irá soterrada baixo gabia e instálaranse bocas de rego-incendio.

Na presentación do proxecto, o Delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalaba que deste xeito se da resposta a unha importante demanda veciñal e destacaba “Queremos que as parroquias dispoñan de servizos de calidade, en consonancia co medio ambiente, en apoio aos veciños e ás explotacións gandeiras da zona, e no obxectivo de acondicionar o noso rural para que sexa cada vez máis atractivo para o asentamento de nova poboación”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...