O obxectivo final é atopar unha alternativa aos métodos actuais, é dicir, a aplicación de herbidicas ou a realización de rozas manuais, que supoñen un custo maior. “A partir de abril e ata agosto, a vexetación vese crecer e as herbas do chan compiten cos cultivos”, contextualiza a directora do Grupo Viticultura, Oliveira e Rosa (VIOR) da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, Carmen Martínez. Por tanto, a pretensión é “buscar métodos sustentables e que permitan manter o cultivo en boas condicións”, ademais de “coidar a contorna e a paisaxe e manter a biodiversidade vexetal que existe en cada unha destas parcelas”.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

