HomesociedadeMesa redonda sobre biogás este 26 de abril en Currelos

Mesa redonda sobre biogás este 26 de abril en Currelos

A Asociación veciñal da parroquia de Vilaesteva, no concello do Saviñao, organiza unha mesa redonda sobre o tratamento das centrais de biometano. A cita será no local social (antiga casa cuartel) de Currelos ás 11.30h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación veciñal de Vilaesteba asegura que no Saviñao queren instalar unha central de biometano onde reciclarán os xurros e tamén os lodos de depuradora. “Representantes de empresas do sector seguen visitando as nosas terras tentando conseguir contratos con empresas gandeiras diversas arredor de Vilaesteva. Estamos nun momento de cambio coa nova lexislación arredor do tratamento dos puríns e xorden moitas dúbidas”, explican.

Na mesa redonda do día 26 abordarase o funcionamento dunha central de biogás, os elementos que se reciclan, que calidade ten o residuo sólido resultante para os cultivos, posibles accidentes medioambientales, etc.

“Gustaríanos contar coa participación do sector gandeiro neste diálogo. Eles e elas son os máis interesados en protexer e defender o territorio no que traballan”, convidan desde a organización. Con este obxectivo, na mesa redonda contarase con Montse Valcárcel, deputada no Parlamento de Galicia polo BNG, enxeñeira e investigadora agroforestal. No seu perfil preséntase como defensora dun rural galego sostible. Tamén estarán Daniel Vispo, membro de Adega, referente do activismo ecoloxista galego; e Elías Somoza, gandeiro e coordenador de Sectores gandeiros de Fruga.

Ao respecto desta instalación, a Asociación Veciñal do Saviñao dirixiu un escrito á alcaldía manifestando a súa rotunda oposición á instalación da planta de biogás no municipio.

ÚLTIMAS

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...

Tomé insiste en que a nova ponte se fará a pesar das posturas en contra

A oposición presentou no pleno deste luns varias iniciativas para paralizar o proxecto da...

A Cova de Eirós certifica o seu uso funerario despois de localizar restos humanos da Idade de Bronce

Os traballos na Cova de Eirós e contorna encádranse no Plan de actuacións arqueolóxicas...