HomesociedadeSegredos de Pantón organiza este 26 de abril un Foro de Debate...

Segredos de Pantón organiza este 26 de abril un Foro de Debate sobre o Modelo Turístico e Cultural na Ribeira Sacra

O I Foro Ribeira Sacra organizado pola Asociación Cultural Segredos de Pantón celebrarase este sábado, 26 de abril, na Rectoral de Casillón, no municipio de Pantón, comezando ás 9:30h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Foro conta coa participación da Comunidade Local e de diferentes teóricos vinculados á xestión turística e cultural, alén de ser grandes coñecedores do territorio da Ribeira Sacra. A Xornada comezará ás 9:30h do sábado, da man de Lucas Vázquez, presidente de Segredos de Pantón e de Iria Castro, Deputada da Área de Cultura da Deputación de Lugo que farán a presentación.

A actividade está pensada “para a participación de todas as persoas ás que lle importa o noso territorio, mais tamén para emitir opinións libres e razonamentos que nos leven a establecer conclusións sobre a sostibilidade do modelo turístico e cultural, pero coa poboación no centro”, explican desde a organización.

“Este ano a voz local estará representada polos viticultores, eses que peitean a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, que constitúen un recurso turístico excepcional, e que acubilla valores culturais e tradicións con serio risco se seren perdidas”, sinalan desde Segredos de Pantón. Con todo, o encontro introduce a variable da poboación para analizar como afectan á nosa demografía as xestións turísticas e culturais, “Ata agora só se falaba de territorio, é nós poñemos o acento nas persoas que habitamos o territorio”, lembran dende a organización.

O Formato do Foro é dinámico e cultural, así na pausa-café contarase coa actuación de
PeitoEscuro. A organización agradece a colaboración das persoas relatoras, da área de Vicepresidencia da Deputación, do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, do Concello de Pantón, do Ecomuseo Arxeriz e da Adega Abadía da Cova.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...