HomePolíticaO PP de Monforte pide ampliar a RPT con perfís profesionais cualificados

O PP de Monforte pide ampliar a RPT con perfís profesionais cualificados

Katy Varela explica que “o Concello de Monforte ten que dar un paso de profesionalidade en determinados departamentos, para dinamizar o ámbito económico e social da cidade, e así recuperar poboación e recuperar o brío do pasado”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular defenderán no vindeiro pleno que a Relación de Postos de Traballo municipal recolla perfís profesionais máis cualificados para desempeñar funcións máis específicas.

A voceira popular, Katy Varela, agradece o traballo que realizan todos os funcionarios e profesionais que traballan para o Concello de Monforte e aseguran que lles solicitan, “máis perfís profesionais concretos para realizar traballos moi determinados”.

Neste senso, os concelleiros populares ven necesario que o Concello de Monforte conte con:

  • Un técnico de turismo con grao de Turismo
  • Un técnico de promoción económica con grao en Economía e ou empresa
  • Un arquitecto máis para a área de urbanismo
  • Un técnico de obras, con titulación técnica en obra pública e civil ou enxeñería de camiños

Segundo Varela, a realidade actual do municipio é de parálise, “consideramos urxente incorporar estes perfís profesionais ante a incapacidade do equipo de goberno para dinamizar Monforte, a pesar do poder económico do que presumen”.

Katy Varela recorda que nos últimos meses “vemos con moita preocupación o constante peche de negocios e o desánimo semella terse instalado no municipio, polo que cremos necesario dotar ao Concello de profesionais cualificados que poidan liderar determinados apartados profesionais a favor da prosperidade da cidade e de todos os cidadáns, como así sucede en outras áreas onde funciona moi ben como pode ser deportes, ou cultura”.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...