HomePolítica"Gastar 1.123.276€ para que o bus pase un día á semana por...

“Gastar 1.123.276€ para que o bus pase un día á semana por cada parroquia parece unha medida ineficaz”, asegura o PP de Monforte respecto do bus rural

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular ven “insuficiente e pouco eficaz” o último anuncio de José Tomé con respecto ás paradas do autobús urbano nas parroquias do rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, explica que pese a que semella que se mellora o servizo existente todo apunta a que “gastar 1.123.276,16€ para que o bus pase un día á semana por cada parroquia ten pinta de ser unha medida ineficaz”. “Vemos neste anuncio unha nova medida populista que realmente non dará un servizo adecuado xa que, insistimos e segundo sinalan as pregos, trátase dun autobús que pasará polas parroquias unha vez á semana”, explicou.

Os concelleiros populares insisten en que “é fundamental” conectar ás parroquias, pero “non é de recibo anunciar como a salvación un bus á semana cun único traxecto. Unha vez máis, José Tomé queda curto coas súas medidas sobre o transporte urbano”, lamentou.

Pese a todo, os concelleiros populares sinalan que “é mellor contar con servizo mínimo e un só día á semana, que non telo”, pero “instan a Tomé a tomarse en serio a comunicación das parroquias do rural e revisar o servizo para mellorar a conexión da zona rural co casco urbano”.

ÚLTIMAS

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...