HomeDeportesÁlvaro Gómez, de familia soberina, medalla de prata nunha proba nacional de...

Álvaro Gómez, de familia soberina, medalla de prata nunha proba nacional de Bádminton

Foi a pasada fin de semana, 26 e 27 de abril, no Máster Nacional N1-N4 SUB 15 "Ciudad de Montilla".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Álvaro Gómez vén de acadar esta pasada fin de semana unha nova medalla nunha proba de máximo nivel nacional. O vigués de 11 anos, con raíces na localidade lucense de Sober na que preparou esta competición nos días previos, participaba, tras clasificarse por ranking nacional, no Máster Nacional N1-N4 SUB 15 “Cidade de Montilla”.

A medalla que trouxo para Galicia conseguiuna na modalidade de dobres mixtos xunto á coruñesa Maia Freire, que na actualidade son os subcampións nacionais Sub-13 e os gañadores no prestixioso torneo internacional para categorías menores como o VICTOR International Jeunes Nouvelle-Aquitaine 2024.

Como relatan dende o Club Escola Rosalía de Vigo, “tras unha final trepidante e con punto de partido caerían fronte aos galegos Balboa e Otero no terceiro xogo por 22-20, acadando desta maneira unha medalla de prata”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...