HomesociedadePreséntase o proxecto "Competitividade 4.0: Ribeira Sacra"

Preséntase o proxecto “Competitividade 4.0: Ribeira Sacra”

Este luns pola mañá tivo lugar en Monforte de Lemos a presentación do proxecto "Competitividade 4.0: Ribeira Sacra", unha iniciativa impulsada polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada reuniu a representantes de diversas empresas e servizos do sector turístico do territorio, co obxectivo de dar a coñecer esta proposta que nace cunha premisa clara: deseñar accións formativas especializadas, reais e adaptadas ás necesidades das empresas locais. Para iso, o proxecto parte dun estudo participativo que recolle directamente a opinión, os retos e as inquedanzas do propio tecido empresarial.

Un dos puntos máis resaltados do proxecto é a importancia de escoitar aos empresarios para proporcionarlles recursos realmente útiles, facer seguimento individualizado da formación e titorizar onde sexa preciso. Este proxecto, en palabras da empresa que se encargará de organizar os cursos “non vai de facer formación por facela. Vai de escoitar, acompañar e poñer as ferramentas onde realmente se precisan”.

Durante a sesión fíxose especial fincapé na importancia das empresas do sector como motor do territorio, poñendo en valor o seu papel fronte aos novos desafíos do sector: desde a substitución xeracional, a dixitalización ou a profesionalización, ata a aposta decidida por un modelo de turismo máis sostible, próximo e respectuoso coa contorna.

Plantéxanse tamén charlas en liña como complemento adicional ás formacións, e anunciouse que a principios de xuño abrirase o prazo de inscrición para as primeiras accións formativas gratuítas resultantes do proxecto.

As empresas que aínda non participasen poden facelo a través do cuestionario dispoñible en liña: https://turismo.ribeirasacra.org/es/noticias/competitividad-4.0-ribeira-sacra

“Competitividade 4.0: Ribeira Sacra” presentación / Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...