HomesociedadeO paro diminúe en abril na zona centro-sur da provincia en 113...

O paro diminúe en abril na zona centro-sur da provincia en 113 persoas

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora moi positivamente o descenso do paro nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada con 55 parados menos, na comarca de Sarria foron 58.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CC.OO destaca os bos datos de Quiroga, Sober e Monforte, debido aos distintos eventos como: feiras do viño e Feira Medieval xa que o sector servizos foi o que máis tirou do emprego. CC.OO lamenta que no sector agrario siga habendo empresarios que non pagan nin o S.M.I. No caso da comarca de Sarria o sindicato destaca o tirón da Semana Santa no sector comercio e hostalería como principal motor da creación de emprego.

Así os datos de paro na Zona Sur son de 1950 persoas paradas, descendendo en 55 e na zona Centro Sur hai 2618 parados, 113 menos:

Comarca de Lemos, 1306 (-35):

  • Bóveda 33 (-8)
  • Monforte de Lemos 949 (-13)
  • Pantón 82 (=)
  • Sober 55 (-13)
  • A Pobra do Brollón 60 (-1)
  • O Saviñao 127 (=)

Comarca de Quiroga 204 (-13):

  • Folgoso do Courel 36 (=)
  • Ribas de Sil 37(-2)
  • Quiroga 131 (-11)

Comarca de Chantada 440 (-7):

  • Carballedo 48 (-5)
  • Chantada 323 (+4)
  • Taboada 69 (-6)

Comarca Sarria 668 (-58):

  • O Incio 36 (-5)
  • Láncara 75 (-5)
  • Paradela 19 (+2)
  • O Páramo 23 (-2)
  • Samos 22(+2)
  • Sarria 479 (-51)
  • Triacastela 14 (+1)

Desde o Sindicato tamén valoran o bo comportamento dos concellos de Sarria, Quiroga, Sober e Monforte sendo os concellos con peor comportamento Samos con 2 parados máis e Chantada cun aumento de 4 parados con respecto ao mes anterior

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...