HomeMedio ambiente e PatrimonioReactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

A Consellería do Medio Rural reactivou o pasado 7 de maio as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na nosa comunidade, tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono.

AUTORIZACIÓNS PARA QUEIMAS DE RESTOS FORESTAIS

Para efectuar queimas de restos forestais amoreados será preciso solicitar autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...