HomeCulturaMonforte abre a programación do Día das Letras Galegas

Monforte abre a programación do Día das Letras Galegas

Este 15 de maio, ás 20:15 da tarde, o auditorio do Edificio Multiusos acollerá a obra Manuela Rey is in da House do Centro Dramático Galego inspirada na esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser estrela do teatro lisboeta na segunda metade do Século XIX.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concellaría de Cultura de Monforte programou un completo programa de actividades con teatro, espectáculos infantís, música ou os roteiros para coñecer o patrimonio histórico. O 16 de maio, ás 20:00 da tarde, o auditorio do Edificio Multiusos acollerá un concerto de ópera galega A Loba Branca de Brais González organizado pola Sociedade Filarmónica de Monforte coa colaboración do Concello, un dos actos cos que conmemoran o seu 75 Aniversario.

O propio sábado 17 de maio, tamén no auditorio do Edificio Multiusos, celebrarase dende as 12 h o Festival Letras Galegas 2025, coas seguintes actuacións:

  • Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte
  • Coral Polifónica do Concello de Monforte

Os días 19 e 20 de maio terá lugar a representación teatral das dúas últimas obras que participan no certame municipal de teatro para centros de ensino que comezaron o 6 de maio e na que participan os colexios seguintes: CEIP de Monforte con Ser diferente, Colexio P. Ferroviario con Matilda, IES A Pinguela con Asasinas a Soldo, IES Río Cabe con Xespirando, xoguete cómico para todes, Colexio PP Escolapios con A pantasma de Canterville, ANPA CEIP A Gándara con Lingua viva, CEIP A Gándara co A Muralla, representando as súas obras no auditorio do Multiusos.

O 25 de maio, ás 18:00 h no auditorio do Edificio Multiusos, terá lugar o Espectáculo infantil e familiar do Programa FalaRedes, chamado Fala fala falangueira a cargo da compañía Matrioshka Teatro.

Un día despois, o 26 de maio ás 6 da tarde, celebrarase a entrega de premios do XXXII Certame municipal de teatro para centros de ensino de Monforte 2025 no auditorio do Edificio Multiusos no que se premiará o esforzo dos nenos e nenas dos 7 centros de ensino que participaron na edición deste ano 2025.

Ademais, continua aberto o prazo para participar no Certame de Narración e Debuxos Infantís ata o luns 19 de maio podendo entregarse as obras que participen, na Biblioteca Municipal ata o propio luns, en horario de mañá e tarde.

Do mesmo xeito, dende o Concello organízanse roteiros literarios por Monforte, durante os meses de maio e xuñio, para os cales os interesados deben concertalos coa Concellería de Cultura, en rúas e prazas da cidade, e que versan sobre os Condes de Lemos, Manuel María ou Lois Pereiro entre outros.

ÚLTIMAS

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...