HomePolíticaO PP segue acusando a Tomé de "discriminación" no plan de estradas...

O PP segue acusando a Tomé de “discriminación” no plan de estradas provinciais

O voceiro do PP na Deputación, Antonio Ameijide, pon como exemplo de “vías desfeitas nas que o goberno provincial non actúa” as estradas provinciais LU-P-5901 e LU-P-3201, no tramo pertencente ao municipio de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O popular afea que non se tiveran en conta entre as estradas que recentemente Tomé anunciaba que serían arranxadas. Ameijide sinala que “deciden arranxar as que están algo mellor e deixar de actuar naquelas que están desfeitas coma estas”, o que supón “dificultades para circular por estas estradas”.

A vía provincial que comunica o núcleo de Sober co de Canabal, a LU-P-5901, atópase “rebentada” polo que os populares a poñen como exemplo de “falta de mantemento e actuacións durante anos” por parte do goberno de PSOE e BNG.

O popular incide en que “hai outras estradas provinciais que están nun estado relativamente mellor ca esta e si entran dentro do plan de estradas; pero estas vías de Sober, non. Ademais, é curioso porque unha delas comunica do concello veciño de Monforte, onde goberno o presidente da Deputación”.

“Se fai arredor de dous meses advertíamos da falta de solidariedade de Tomé cando anunciaba o arranxo integral da LU-P-3201 no tramo de Monforte e deixaba o tramo de Sober, agora cremos que xa é unha discriminación. Tomé tiña a oportunidade de demostrar que é xusto e solidario incluíndo o arranxo integral da parte da estrada que se atopa no termo municipal de Sober para garantir a mellora completa da vía e garantir a seguridade dos usuarios, veciños de toda a zona e non só de ambos municipios”.

O popular cre que tanto os veciños de Monforte coma os de Sober teñen dereito a que se reasfalte a estrada na súa totalidade. “Pero estas actuacións non se aprecian no proxecto publicado na plataforma de contratación da Deputación de Lugo, para o tramo de Sober só anunciou un rebacheo que tampouco consta no proxecto e agora esta estrada fóra do último anuncio do plan de estradas provinciais”, remarcou.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...