HomePolíticaO PP de Monforte demandará no pleno un plan de acción para...

O PP de Monforte demandará no pleno un plan de acción para os edificios ruinosos

Os concelleiros da Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte defenderán no pleno deste mes que o Concello cumpra coas súas obrigas legais e “garanta a seguridade de todos os monfortinos cumpra a lexislación vixente e leve a cabo todos os mecanismos legais establecidos para solucionar o actual problema de edificios en estado ruinoso na cidade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Katy Varela, a voceira popular, explica que este é un problema “crecente” no municipio, sobre todo no casco histórico e no barrio da Estación, e a propia ordenanza municipal reguladora de fachadas, elementos construtivos e solares, permite ao Concello de Monforte actuar de oficio nos casos nos que existan edificios que non cumpran co indicado, permitindo incluso ao goberno local levar a cabo as medidas necesarias para evitar riscos

Segundo Katy Varela, recentemente “incrementáronse” as queixas dos monfortinos polo mal estado de moitos edificios. A realidade é que Monforte non conta cun Plan Xeral de Urbanismo e a norma que regula a situación dos inmobles é a ordenanza municipal reguladora de fachadas, elementos construtivos e solares, “establecendo esta norma, no seu artigo 1, a obriga dos propietarios dos edificios situados dentro do solo urbano de manter os mesmos en condicións de seguridades, salubridade, e ornato público”.

Ademais, recorda Katy Varela, esta ordenanza permite ao Concello de Monforte actuar de oficio nos casos nos que existan edificios que non cumpran co indicado, permitindo incluso ao Concello levar a cabo as medidas necesarias para evitar riscos.

“Dende a Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos consideramos urxente comezar cun plan de acción para o coidado da imaxe e da seguridade das nosas edificación e sobre todo a dos cidadáns, e máis cando rematado o inverno, comprobamos que cada ano que pasa se actúa pouco e o problema se incrementa”, afirmou.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...