HomesociedadeO CEIP da Gándara de Monforte estrea parque infantil

O CEIP da Gándara de Monforte estrea parque infantil

As actuacións para a renovación integral do parque infantil, supuxeron un investimento de 47.000 € e José Tomé declarou que, a pesar de ser un importe moi elevado para unha obra que non lle corresponde facer ó Concello, está moi satisfeito co resultado final, cunha completa zona de xogos e recreo e pola seguridade que ofrece.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes pola mañá o alumnado do CEIP A Gándara comezou a utlizar a reformada área do parque infantil. Tal e como recolle a memoria do proxecto, a vida útil do espazo que había, “estaba esgotada e resultaba necesaria unha reforma de calado tanto para repoñer os elementos de xogo, como para adaptar a superficie que ocupan, á normativa vixente”.

A solución proposta fixo necesaria facer obra civil para que o parque infantil cumprise coa normativa vixente e garanta a completa seguridade no seu uso. Dotouse de pavimento de caucho continuo de dúas capas, previa execución de solera de formigón de 12 cm de espesor. Ademais procedeuse á montaxe e instalación do equipamento previsto, que está composto por varios elementos que foron reubicados tras unha posta a punto: balancín de 4 prazas, balancín individual, pérgola, arenero e bancos e novos elementos  que se instalaron como un tobogán, trepa mixta, dúas unidades de balancín de dúas prazas, unha trepa vertical, un xogo múltiple e unha casita de xogo XXL. Para rematar, instalouse un pavimento de céspede artificial na zona inmediata á pergola como zona de transición.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...