HomeSucesosDeteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun...

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

Publicado o

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por golpear a outros dous na rúa o pasado sábado pola noite. Pasou o xoves a disposición do Xulgado de Instrución, que decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Os feitos ocorreron na noite do sábado na rúa Duquesa de Alba, fronte a un pub. Toda a agresión foi gravada nun vídeo e estivo motivada, supostamente, por unha cuestión de diñeiro.

As dúas persoas feridas, que foron golpeadas cun obxecto contundente, non presentaron denuncia pero o home foi detido o mércores e pasou o xoves a disposición xudicial.

O home, que está investigado por lesións e ameazas, foi identificado o vídeo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...