HomeCultura"O folclore como sinal de identidade do pobo", Faladoiro deste 28 de...

“O folclore como sinal de identidade do pobo”, Faladoiro deste 28 de maio en Quiroga

Este mércores, 28 de maio, ás 18:00 h. na Biblioteca do Centro Social de Quiroga nova cita cos Faladoiros de Quiroga. A persoa convidada é Manuel Durán, músico tradicional e fundador da Escola de Música Tradicional Abertal (A Rúa) hai 36 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando que maio é o mes das Letras Galegas, e que este ano están dedicadas ás Cantareiras e á poesía popular oral, o Faladoiro do Centro Social de Quiroga centrarase na importancia de preservar o noso folclore (música, canto e baile tradicional), e poñelo en valor como sinal de identidade.

O convidado para esta ocasión será Manuel Durán. Natural dos Anguieiros, emigrou a Barcelona no ano 1970 e non retornou a Galicia ata o 1987. Xa aquí, foi o fundador da agrupación de música tradicional Abertal (1989 / A Rúa), colectivo no que segue como mestre e músico superando os 36 anos de traxectoria. Estudoso incansable da música tradicional, traballa tamén na recuperación da nosa tradición oral. Neste eido ten participado pola súa conta, pero tamén con xente como Montse de Leilía, en recollidas, algunha delas na parroquia de Montefurado.

No encontro, ademais de achegarnos á traxectoria no mundo da música tradicional do noso convidado, coñeceremos tamén como é o traballo do día a día para recuperar e manter o noso folclore e como está na actualidade a saúde de todo este patrimonio cultural que atesouramos e do que deberiamos estar moi orgullosos.

Neste senso, Durán considera que, “ademais do noso idioma, o noso folclore é a parte máis importante da nosa identidade”. O Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, encargarase de moderar o encontro e convida a participar á veciñanza.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...