HomeCultura‘Dende Rosalía ata as Cantareiras’, o 30 de maio na casa da...

‘Dende Rosalía ata as Cantareiras’, o 30 de maio na casa da cultura de Quiroga

Este venres, 30 de maio, ás 18:30 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura, o BNG de Quiroga organiza esta cita teatral para conmemorar o Día das Letras Galegas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta da compañía A Xanela do Maxín está destinada especialmente a público famliar cunha proposta escénica moi divulgativa e entretida que fai un repaso das mulleres que foron homenaxeadas en tal sinalada data.

Trátase dun espectáculo multidisciplinar de pequeno formato que combina narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías para exaltar a herdanza de todas mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas, facendo especial fincapé nas Cantareiras e o cancioneiro popular, por ser este o tema central da celebración deste 2025.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...