HomeCulturaCase unha vintena de grupos nos Trece Roeis Fest que se celebra...

Case unha vintena de grupos nos Trece Roeis Fest que se celebra os días 20 e 21 de xuño en Pantón

O Festival Trece Roeis, que xa se consolidou como un dos eventos musicais máis destacados da provincia de Lugo, contará este ano cun cartel de luxo no que figuran artistas de recoñecido prestixio no panorama nacional e galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación do Festival desenvolverase os días 20 e 21 de xuño, cunha selección musical diversa que abrangue dende o rock e o punk ata a música tradicional galega e propostas máis contemporáneas. O venres, 20 de xuño, subirán ao escenario Gin Toni’s, Trashtucada, Dakidarría, Linaje, Laura DSK, Caamaño & Ameixeiras, Leo de Matamá e Baturruka. O sábado, 21 de xuño, será a quenda de Sés, Sínkope, Ilegales, Radiocrimen, Rastreros, Montedapena, Brais das Hortas e os enérxicos Festicultores Troupe.

As entradas están dispoñibles a través da web oficial do festival, www.treceroisfest.com. O prezo por día é de 18 euros, mentres que o abono para os dous días custa 27,50 euros, máis os correspondentes gastos de xestión.

O festival promove activamente os produtos locais, a cultura e a identidade da xente da terra, todo isto nun marco incomparable como é a Ribeira Sacra. Nas dúas xornadas contarase cunha programación parella que inclúe catas de viño, degustacións gastronómicas e a Feira de Artesanía, que mantén aberto o prazo de inscrición para profesionais do sector a través da súa páxina web oficial.

O Trece Roeis Festival conta coa colaboración do Concello de Pantón, da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia da Deputación, ademais de empresas da zona, da DO Ribeira Sacra e do Consorcio de Turismo.

O delegado territorial, Javier Arias, felicitou durante a presentación á asociación Os Trece Roeis polo “éxito crecente desta cita de referencia no calendario musical da Ribeira Sacra e do conxunto da provincia, que favorece a chegada de milleiros de visitantes a Pantón atraídos pola oportunidade de dous días de música en directo e da oferta lúdica e cultural complementaria”.

A deputada de Cultura, Iria Castro, sinalou como prioridade para a área de Cultura o apoio aos festivais que se organizan desde o tecido asociativo, “máis aló do que mobilizan neses días, contribúen a facer comunidade e promoven a actividade cultural no seu entorno. O programa conta con diversidade de espazos e de actividades para abrir o festival a públicos de distintas idades e intereses ou preferencias musicais”.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...