HomesociedadeQuere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Cultura, Marina Rajo e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, visitaron esta mañá a Praza de Abastos de Monforte para fomentar o comercio de proximidade dentro da promoción que se está a facer coa campaña internacional Quere o teu mercado,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos locais provintes dos praceiros: queixos e embutidos, empanadas, e petiscos de coidada elaboración, acompañados de viños da D.O. Ribeira Sacra, coa que se pretende animar aos monfortinos a que compren os seus produtos na Praza de Abastos municipal, polo valioso papel dinamizador e revitalizador que xogan os mercados municipais dos centros urbanos, facilitando, ademais, a compra de alimentos frescos ó lado da casa.

Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada e unha garantía tamén de obter produto fresco e galego  así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos que garante unha dieta equilibrada e saudable.

Durante o evento, as persoas asistentes puideron gozar de degustacións gratuítas de produtos gastronómicos da praza, acompañado con viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Ademais, fíxose entrega das Bolsas de tea da campaña “Quere o teu mercado” da Dirección Xeral de Comercio.

Con esta iniciativa, dende o Concello de Monforte, reafirman o seu compromiso co impulso do pequeno comercio local, promovendo as compras de proximidade e poñendo en valor os produtos da praza de abastos, que consideran un exemplo de equilibrio entre tradición e modernidade, onde a profesionalidade de praceiros e praceiras contribúe a ofrecer un servizo de calidade á veciñanza.

“Con esta iniciativa”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “dende o Concello de Monforte, sumámonos ás que xa levamos realizando dende hai anos, para fomentar as compras no pequeno comercio de proximidade, que é o que se realiza, neste caso, na Praza de Abastos da nosa cidade”.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...