HomePolíticaComunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

Despois de escoitar reclamacións e queixas dos veciños de Monforte tras coñecerse o anuncio do inicio dun expediente de reposición da legalidade urbanística por parte do Concello de Monforte ao denominado 'Bar Anchoas', o PP de Monforte fai pública a súa postura neste asunto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais cesionarios de derribar o quiosco e desmontar a terraza. O PP de Monforte expón:

  • O Partido Popular sempre vai a estar ao carón da legalidade vixente e, en ningún momento, instaremos ao Concello de Monforte a levar a cabo accións que contradigan a normativa existente.
  • O Partido Popular sempre está a favor de potenciar a riqueza do municipio e de dar facilidades aos negocios para mellorar así a nosa economía pero, por suposto, dentro da legalidade vixente.
  • O Partido Popular lamenta o peche deste negocio emblemático por dous motivos. En primeiro lugar, a perda dunha iniciativa que xeraba postos de traballo durante a tempada estival. En segundo lugar, o agarimo que espertaba nos veciños, por estar situado nun lugar excepcional como o é o Paseo do Malecón que, ademais, dadas as elevadas temperaturas que sufrimos durante o verán, sempre é de agradecer que existan este tipo de alternativas como era este bar ao carón do río.
  • Dada a polémica xerada e sendo coñecedores que a administración local anterior á actual iniciou os trámites para a súa legalización, o Partido Popular de Monforte procedeu a solicitar o expediente completo. Unha vez estudada a información necesaria se se considera que existe posibilidade de legalización por parte do Concello de Monforte e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil da concesión dunha actividade similar nesta ubicación, procederán a instar ao Concello a legalizar esta actividade polos motivos anteriormente expostos.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...