HomePolíticaO BNG reclamará no Senado a reparación urxente do regadío Val de...

O BNG reclamará no Senado a reparación urxente do regadío Val de Lemos e a condonación da débeda á comunidade de regantes

A iniciativa será defendida pola senadora do BNG, Carme da Silva, quen reclamará un compromiso firme por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para asegurar a viabilidade dunha infraestrutura chave para o sector agrario da comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A moción, que será debatida este mércores, 5 de xuño, insta á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a adoptar unha serie de medidas urxentes e estruturais, entre as que se inclúe a condonación da débeda á comunidade de regantes, a reparación inmediata das infraestruturas, e a limpeza dos canais e zonas de dominio público.

“Non podemos permitir que unha infraestrutura estratéxica como o regadío do Val de Lemos desapareza pola pasividade institucional. Estamos a falar dunha zona con gran potencial produtivo que precisa apoio e inversión, non abandono e obstáculos” sinala Carme da Silva.

A senadora nacionalista tamén subliña a importancia de recuperar a totalidade das hectáreas produtivas, mediante axudas para a limpeza, deforestación e recuperación de terras agrarias. “É fundamental que se poida cultivar a totalidade das terras dispoñíbeis. Iso require vontade política e accións concretas, non máis escusas” engade.

A parte resolutiva da moción insta á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, en colaboración coa Xunta de Galiza, a ofrecer unha solución que garanta a continuidade da comunidade de regadores, incluíndo a condonación da débeda. Do mesmo xeito, urxe a reparar de forma inmediata as infraestruturas de regadío e a supervisar e limpar os canais das zonas próximas e do curso do río.

“A situación que vive o Val de Lemos é consecuencia directa da falta de vontade política para defender o rural galego. Esta moción é unha chamada de atención e tamén unha proposta concreta para reverter esta situación” conclúe Carme da Silva.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...