HomeCulturaLucía Pérez presenta este 5 de xuño na praza de San Marcos...

Lucía Pérez presenta este 5 de xuño na praza de San Marcos o seu novo videoclip

A praza de San Marcos acollerá este xoves ás 19:30h, a presentación do novo videoclip de Lucía Pérez. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participará xunto a cantante do Incio neste acto, no que tamén estará o artista galego, G Face, e a presentadora Beatriz Serén.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lucía Pérez e G Face compartirán a orixe e o proceso de creación do vídeo musical; explicarán como xurdiu a canción e ofrecerán detalles da gravación. Tras proxectar o videoclip de Cabaliño de Lugo, interpretarán a canción protagonista e, ademais, ofrecerán algunha canción máis do repertorio de cada artista.

A institución provincial colabora coa gravación deste videoclip e este evento, que servirá para difundir este vídeo musical no que aparecen algúns dos monumentos máis relevantes da provincia, como a Muralla de Lugo, a Catedral de Santa María e elementos do patrimonio etnográfico da contorna do río Miño.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...