HomeCultura"Cabaliño de Lugo" de Lucía Pérez chega á Praza de San Marcos

“Cabaliño de Lugo” de Lucía Pérez chega á Praza de San Marcos

A estrea do videoclip foi seguida por numeroso público que se congregou na Praza de San Marcos para visionar o tema musical que se proxectou nunha pantalla xigante e onde os artistas cantaron varias cancións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañou este xoves pola tarde aos artistas Lucía Pérez e a G Face na estrea do seu novo videoclip Cabaliño de Lugo, unha peza musical que pon en valor os principais atractivos turísticos, culturais e patrimoniais da provincia e coa que colabora a institución provincial.

José Tomé Roca subliñou a importancia de apoiar iniciativas culturais como esta, que “non só promoven a riqueza do territorio, senón que tamén contribúen a fortalecer a identidade da nosa provincia”.

A actriz, Beatriz Serén, foi a encargada de conducir o evento, no que tamén houbo unha conversa cos artistas, que explicaron como xurdiu esta colaboración —a primeira entre Lucía Pérez e G Face— e detallaron o proceso de creación do tema e da gravación audiovisual.

A peza musical recolle imaxes de espazos emblemáticos como a Muralla de Lugo, a Catedral de Santa María e diferentes paraxes naturais da contorna do río Miño, así como elementos do patrimonio etnográfico lucense. Cunha mensaxe de liberdade, orgullo e conexión coa terra, a peza busca tamén atraer novos públicos e dinamizar a promoción da provincia a través da música. “Cabaliño de Lugo fainos sentir orgullosos da nosa terra, que aquí se transforma en escenario, en inspiración e en símbolo de todo o que representa Lugo”, concluía Tomé.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...